jueves, enero 09, 2014

CONGRESO LOCAL DO PP DE MARIN

O congreso local do PP de Marin celebrarase o próximo 25 de xaneiro. Pero xa se sabe que, María Ramallo será na única aspirante á presidencia do PP local de Marín, despois de que na tarde do pasado venres se pechara o prazo para a presentación de candidaturas a liderar a formación local. Ramallo conseguiu o apoio de máis de 50 militantes do PP de Marín que o regulamento esixía e ten ata o 23 de xaneiro para presentar a candidatura e os avais necesarios. María Ramallo naceu en Marín en 1970. É licenciada en dereito e desenvolveu o seu labor profesional como asesora xurídica. Tras gañar con maioría absoluta as eleccións de 2011, foi elixida alcaldesa de Marín e posteriormente deputada provincial. É a presidenta do PP de Marín desde o ano 2000. Foi deputada autonómica no Parlamento de Galicia e presidenta da Autoridade Portuaria de Marín. Foi ademais deputada por Pontevedra no Congreso dos deputados ata 2011 e vogal as comisión de Orzamentos, Cultura e na Comisión mixta para as relación co Tribunal de Contas. O Comité Organizador do Congreso está presidido por Pablo Novas Caballero, o secretario é José Ramón Abal Pazos, os vogais: Manuel Santos Costa, Cristina Buceta Portabales e Beatriz Rodríguez Gómez.

No hay comentarios: