lunes, enero 13, 2014

ALFONSO RUEDA MARCANDO ARGUMENTARIO

Alfonso Rueda concedeu unha entrevista a Radio Nacional de España, onde asegurou, en alusión á proposta de redución do número de deputados, que o PPdeG cre que unhas institucións máis económicas e eficaces son posibles e por iso se presentou ás eleccións levando dita iniciativa no programa electoral. Neste senso, Rueda lamentou que aos partidos da oposición lles coste entender que os cidadáns pidan que se reduzan as institucións e estean de acordo, tal e como demostraron nas urnas, con este tipo de medidas. Segundo Rueda, os partidos da oposición téñeno moi fácil se non están de acordo con que se reduza a cifra de deputados, posto que teñen a opción de incluír no seu programa para as próximas eleccións unha proposta para aumentar a cifra de parlamentarios, e comprobar se a sociedade o acepta. Por outra banda, Rueda lamentou que os cidadáns de Ourense teñan que asistir ao espectáculo que está dando o goberno local da cidade e que o secretario xeral dos socialistas Galegos non é quen de controlar. Con respecto a isto, o secretario xeral dos populares galegos valorou positivamente que o PP de Ourense se ofrecese a co-gobernar co PSOE para capear a crise que está a vivir o executivo da cidade, a cambio de que os servizos públicos poidan ser prestados con normalidade. Preguntado por se haberá máis fusións entre concellos galegos, Rueda indicou que aos populares lles gustaría que se desen máis casos. De feito, recoñeceu que hai alcaldes que se interesaron por un asunto que antes era un tema tabú e que a ninguén se lle pasaba pola cabeza. No relativo á cuestión das eleccións europeas, Rueda afirmou comprender que aos cidadáns lles coste ver estes comicios coa proximidade coa que poden ver unhas eleccións locais, autonómicas e mesmo xerais. Non obstante, insistiu en que son moi importantes xa que en Europa cada vez se ventilan máis cousas que nos inciden directamente. No caso de Galicia, trátase de cuestións tan importantes como o sector primario, o naval e demais temas que inflúen directamente na vida diaria dos galegos.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

http://www.alternativaespanola.com/

Anónimo dijo...

O señorito R. Valenzuela o Cuiña de Feijoo ten medo de quedar como Moises ver aterra prometida e non poder entrar nela. este señorito e un cancro para o PP, como non tiña nin ten territorio quiso con varios rapaciñ@s facerse coas terras de Santiago, todo conspirando no congreso de Sevilla con Prado, Espadas, aldrey, vaia tropa se buscou este caudillo. pero non esquezamos que o culpable de todo e D. Alberto que se esqueceu de por que cobra e dedicase a catar Xoubas.

Anónimo dijo...

Este si que es un perro...

Anónimo dijo...

Seguir votando esta gentuza!!!, el primer día que vi a Rueda me pareció un personaje poco serio y parecía que estaba mas acostumbrado a andar por pub's y discotecas que por sitios serios o medianamente serios.