lunes, enero 13, 2014

40 CONGRESOS LOCAIS NO PP DE OURENSE ANTES DE MAIO

O PP de Ourense continúa cunha intensa actividade orgánica, relativa á renovación de tódalas xuntas locais da provincia, mediante a celebración de congresos locais. Dende marzo do pasado ano, data do XVI Congreso Provincial do PPOU, Manuel Baltar, adquirira como un dos seus principais compromisos a renovación de todas e cada unha das 92 xuntas locais do PP en Ourense. Polo de agora, xa se celebraron 19 congresos locais e, tal e como anunciara o presidente provincial, Manuel Baltar, na última reunión do Comité de Dirección do PPdeG, o obxectivo é ter celebrados 40 congresos locais antes do vindeiro mes de maio, cuxas datas serán fixadas na vindeira Xunta Directiva Provincial do PPOU. No tocante ás próximas citas congresuais, reunidas as Comisións Organizadoras dos vindeiros Congresos Locais do PP en dez municipios (Laza, Monterrei, Vilamarín, A Rúa, Paderne de Allariz, Carballeda de Valdeorras, A Teixeira, Muíños, A Merca e Trasmiras), os primeiros que se celebrarán no vindeiro ano 2014 durante os meses de xaneiro e febreiro, quedaron fixadas as candidaturas que concurrirán nos procesos de elección, unha vez rematado o prazo de presentación das mesmas. As devanditas Comisións Organizadoras certificaron que as candidaturas cumpren cos requisitos establecidos nos respectivos regulamentos que rexen o desenrolo de cada Congreso, así como que presentan o número de avais esixidos en cada caso. As candidaturas que optan ás presidencias locais son as seguintes: Laza (22 de xaneiro): José Ramón Barreal Novo, Monterrei (30 de xaneiro): José Luis Suárez Martínez., Vilamarín (31 de xaneiro): Amador Vázquez Vázquez., A Rúa (06 de febreiro): Avelino García Ferradal e María Jesús Madagán Álvarez, Paderne de Allariz (07 de febreiro): José Manuel Fernández Gómez., Carballeda de Valdeorras (13 de febreiro): Domingo Fidalgo Gutiérrez, A Teixeira (20 de febreiro): Miguel Cid Álvarez, Muíños (21 de febreiro): Plácido Álvarez Dobaño, A Merca (27 de febreiro): Manuel Jorge Velo Reinoso e Trasmiras (28 de febreiro): Emilio Pazos Ojea.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Hay que preguntarse ¿Porqué no se convocan CONGRESOS LOCALES en la provincia de Coruña?¿Donde quedó la promesa del sr.Negreira de convocar las viejos Comités y Gestoras locales coruñesas?¿Será que no conviene llevar la misma estrategia que en Ourense?.!!!ESA ES LA DEMOCRACIA DEL PP CORUÑES!!!.