jueves, diciembre 12, 2013

USO PARTIDISTA DA CASA DO CONCELLO DE CERCEDA

José Francisco Santos, voceiro do PP de Cerceda, critica que o goberno municipal do PSOE no seu Concello, utilice de xeito reiterado as instalacións públicas do Concello para actos do PSOE. “A Casa do Concello de Cerceda funciona como se fóra a sede do partido socialista”, en referencia a un acto organizado esta semana, coa participación de diversos dirixentes socialistas para falar da reforma da lei de bases de réxime local actualmente en fase de tramitación. Este uso partidista das instalacións públicas demostra “o xeito de actuar dun alcalde” que, afirma, “cre que o Concello é a súa casa e que pode facer nel o que lle vén en gana”. Ademais, “dispoñer así do salón de plenos, para montar un acto privado dun partido, di moito do talante do alcalde deste Concello, que non respecta o que é de todos os veciños”. Santos asegura que, ademais, non é a primeira vez que isto sucede, xa que este xeito de actuar do alcalde é habitual, cuestión que non sucede cando o que pide instalacións municipais é o PP. “Se solicitamos dispoñer do auditorio ou calquera outra instalación nós pagamos as correspondentes taxas”.

No hay comentarios: