jueves, diciembre 12, 2013

UN OURENSANO POSIBLE SENADOR REVELACIÓN

Francisco José Fernández Pérez, é un dos finalistas ao premio "Senador Revelación 2013", que cada ano concede a Asociación de Periodistas Parlamentarios. Francisco José Fernández Pérez é, xunto a Ferrán Bel (CiU), Jesús Iglesias (IU) e Jokin Bildarratz (PNV), candidato a obter este galardón, que se entregará o vindeiro 18 de decembro na cena anual que a Asociación de Periodistas Parlamentarios celebra en Madrid. Este colectivo profesional concede diferentes premios nas seguintes categorías: "Emilio Castelar" al mejor Orador; "Azote del Gobierno"; "Azote de la Oposición"; "Luis Carandell" a la mejor relación con la prensa; "Castigo para la prensa"; Parlamentario más activo; Parlamentario 2.0; "Desconocido" en el Parlamento; Diputado revelación; "Pregunta del millón"; Senador del año; Senador revelación e Eurodiputado del año. O senador ourensán do PP, que tamén é alcalde de Leiro e membro do Comité de Dirección do PP de Ourense, recalca que esta mención dos xornalistas parlamentarios "é un orgullo e unha alegría moi grande que representa o intenso traballo que realizamos os senadores galegos e ourenáns do PP. É un recoñecemento para todos en conxunto". E no tocante á posibilidade de recibir finalmente o galardón, Francisco José Fernández sinala que "eso é o de menos. Premio suficiente xa ten sido estar entre os catro finalistas".

1 comentario:

Anónimo dijo...

El criterio para otorgar el premio que es, el que menos horas duerme?, el que hace más por parecer que el Senado sirve para algo? aparte de desplumarnos?.