lunes, diciembre 09, 2013

UN CANON A DISGUSTO

Agustín Hernández lamenta que tanto o PSOE como o BNG antepoñan os seus propios intereses aos intereses dos cidadáns no que atinxe ao incremento do canon de Sogama. Agustín Hernández quere que todos os cidadáns teñan claro que se o canon de Sogama vai subir un 34% en 2014 é porque os socialistas e os nacionalistas se negaron a pactar coa Xunta a posibilidade de levar a cabo un incremento do canon que supuxese a metade, é dicir, un 17%, a través do adiamento da suba ao 1 de xullo. Segundo Hernández, ábrese agora un período de incertidume na relación entre a Xunta e a Fegamp, posto que tanto o PSOE como o BNG deixaron en evidencia os seus representantes nese órgano representativo de todos os concellos galegos, ao contradicilos públicamente. Así, se ben hai uns días os representantes de ambos partidos na FEGAMP se pronunciabanpositivamente e anunciaban a existencia dun acordo coa Xunta no relativo ao adiamento da suba do canon de Sogama, o PSOE e o BNG non dubidaron en levarlles a contraria con tal de buscar o enfrontamento coa Xunta. Cómpre lembrar que tanto PSOE e BNG foron quen pediron ao Goberno galego que se escalonase a suba do canon. A Xunta aceptou e agora os dous partidos néganse a negociar, deixando en evidencia que as súas preocupacións e os seus intereses distan moito dos da cidadanía

1 comentario:

Anónimo dijo...

¿Pueden los ciudadanos considerar que un aumento de precios en la recogida es velar por sus intereses?. Si hay un desfase entre la previsión y el coste, tendrían que haberse ajustado los precios en el tiempo, y no esperar a este momento de crisis para subirlos de un tirón. Suena más a un problema de gestión, ¿o no?.