viernes, diciembre 06, 2013

RUEDA CON PP DE LEIRO

O Hotel Monumento de San Clodio acolleu onte o Congreso Local do PP en Leiro, onde os compromisarios amosaron o seu apoio unánime á candidatura única, liderada por Francisco José Fernández Pérez, que revalidou deste xeito a confianza dos militantes populares. O recén reelixido presidente local transmitiu no seu discurso que "dende Leiro e dende tódolos gobernos municipais do PP se traballa a reo, aínda que moitas veces non se visualice ese esforzo. Por eso debemos asumir como reto a necesidade de explicarlle ben aos noso veciños todo o que estamos a facer e que, sobre todo, sabemos facer as cousas ben". Puxo como exemplo a situación económica do Concello de Leiro, que él preside como alcalde: "Temos un Concello saneado e con superávit, cando no resto da comarca do Ribeiro a meirande parte dos municipios están endebedados". Outro dos retos que sinalou é o relanzamento das Novas Xeracións do PP en Leiro. "Hai anos que xa estaban creadas, pero é o momento de relanzalas e darlle un pulo para que os máis novos do municipio se impliquen en política". Trala intervención do presidente local electo, Alfonso Rueda, quen felicitou á candidatura e a todo o PP de Ourense, tanto polo seu intenso traballo, como polo proceso de renovación das xuntas locais que está en marcha. Neste senso, alabou o compromiso feito público polo presidente provincial, consistente en que estarán renovadas 40 das 92 xuntas locais da provincia antes das Eleccións Europeas de 2014. Manuel Baltar, foi o encargado de clausurar o Congreso.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Vota partido escaños en blanco

http://escanos.org

https://es-es.facebook.com/escanosenblanco

http://www.votoenblancocomputable.org

Anónimo dijo...

A este chico se le atribuyen meritos que no se merece...y se le subio el cargo de Vicepresidente a la cabeza...pero poco le va a durar..

BETADINE dijo...

DURA DEMASIADO E AINDA QUE NOS PESE E ANTE A PROXIMA CAIDA DO MARIANO, MÁIS PROXIMO TEMOS A ISTE DE PRESIDENTE..
MANDA CARALLO E MIRA QUE NO LLE FIXEMOS NADA, E TEN UNHA ENVEXA DE NÓS..E DICIR ISTE É COMA HITLER NO CASO DE QUERER ACABAR CON NÓS..
PERO ESTAMOS AFEITOS.
HALA UNHA APERTA
FELICES FESTAS

A TODOS VOS EU MARCHO DE VACACIÓNS, QUE NON PARO DE TRABALLAR ULTIMAMENTE

HALA UNHA APERTA
A VER SI A VOLTA NON VEXO O ROGELIO, O MORTADELO, O XESUSSITO, BUENO NON PROSIGO QUE SENÓN LÍOME

Anónimo dijo...

Que raro Rueda con Baltar jr., pero si se odian a muerte, sobre todo despues de haber ganado la familia Baltar el penultimo congreso y mantener el control de la Diputación.

Anónimo dijo...

Vocaliza Rueda, vocaliza cuando hablas...en fin,¡qué politicuchos de traje y corbata!!!