miércoles, diciembre 18, 2013

OS ORZAMENTOS DO 2014 FORON APROBADOS

O Parlamento de Galicia aprobou onte os orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2014, unhas contas “continuistas porque seguen impulsando a axenda reformista do sector público, garantindo a súa sostibilidade a longo prazo e non xerando déficit estrutural; con reformas estruturais da nosa economía para facela máis competitiva e loitar pola igualdade e o Estado de Benestar”, según Pedro Puy. Na súa intervención final no debate para a aprobación dos orzamentos, Puy criticou que a oposición “non votou nin unha soa das partidas do orzamento, nin sequera aquelas que nin chegaron a emendar”. “Os orzamentos son continuistas porque seguen axustándose ao cumprimento do déficit e ao compromiso que asumimos coa sociedade nas últimas eleccións: facer sostibles as finanzas públicas para nunca volver a pasar a situación que estamos a vivir”.
Máis en concreto, destacou que “teñen un endebedamento razoable dentro dos compromisos institucionais” e puntualizou que Galicia “é a terceira comunidade autonómica na que menos crece o endebedamento neto este ano, temos o mesmo rating que o Estado, non dependemos nin do Fondo de Liquidez Autonómica nin do plan de provedores, somos a segunda comunidade que paga antes, temos unha política fiscal que combina rebaixas selectivas coa redistribución, e conseguimos que creza o gasto social”. “Ao mesmo tempo, mantemos o investimento público e somos a segunda comunidade autónoma en gasto de capital por habitante”.

No hay comentarios: