miércoles, diciembre 11, 2013

O PSOE NON ESCOITA O MANDATO DAS URNAS

Besteiro, propuxo o luns manter o número actual de deputados en 75 e que supoñan o mesmo custo que se houbese 61, como quedará a Cámara a próxima lexislatura coa reforma que pretende aprobar o PP. Ante esro, Feijóo pediu aos socialistas que escoiten o mandato das urnas que é moi claro sobre a redución de deputados e que o PP levará adiante. "O mandato das urnas é moi claro: Hai que reducir o número de deputados de acordo co Estatuto de Autonomía e como o temos que facer, farémolo". O PP ten un "mandato das urnas, sancionado pola inmensa maioría" dos galegos que acudiron a votar, segundo dixo, polo que "non pode apartarse del". Na súa opinión, o PSOE "debe decidir se respecta a inmensa maioría dos galegos que votaron si á redución de deputados ou quere enfrontar aos galegos que lle dixeron ao Goberno que hai que reducir o número de deputados na Cámara". En calquera caso, mostrouse disposto a falar cos socialistas sobre outras cousas, se é o que quere, como as listas abertas ou de que, ao PP gustaríalle, quen gaña as eleccións goberne, aínda que dixo que non encaixan nunha lei electoral galega. "Supoño que non serán escusas para non cumprir o mandato das urnas, pero falaron e fixérono con tanta claridade que o socialistas non as poden deixar de escoitar", insistiu sobre a proposta de reducir deputados incluída no programa electoral do PP nos comicios do pasado ano.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Bueno, el PP tampoco es que cumpla programas. Pero si se reducen diputados en el parlamento gallego, parece lógico que se reduzcan o supriman directamente antes los diputados de los palacetes provinciales. Al fin y al cabo, los diputados del Hórreo están ahí porque tienen mandato directo. No así sus homónimos de las taifas de Louzán; Fabra, baltarín...etc. Feijoo eres un cínico.

Alfonso Daniel Rodríguez Varela dijo...

Veo un tanto demagógicas estas declaraciones. El PSOE está en la oposición y un buen opositor debe trabajar por incluir lo máximo que pueda de su programa en el del gobierno, con lo cual es muy lógico quese oponga a esta medida a la que se negó siempre (y que, personalmente y sin ser socialista veo bastante negativa). Caso aparte es mostrar mi acuerdo con el comentario anterior. Un saludo liberal a los amigos conservadores.