jueves, diciembre 19, 2013

O PPOU CENTRADO NAS EUROPEAS

O PP de Ourense é a primeira formación política de Galicia en designar o seu Comité de Campaña para as vindeiras Eleccións Europeas de 2014, toda vez que onte, en Xunta Directiva Provincial, se anunciase que o coordinador deste equipo de traballo electoral será o vicesecretario provincial, Jorge Pumar Tesouro. Tal e como pon de manifesto Manuel Baltar, "o traballo no Partido Popular de Ourense mantense durante todos os días do ano e, xa dende que se coñeceran os resultados electorais dos pasados comicios autonómicos, nos puxemos a traballar nos próximos. A capacidade de organización do Partido Popular de Ourense tradúcese, pois, en que somos os primeiros de Galicia en definir o equipo de traballo sobre o que recairá a organización da vindeira campaña electoral das Eleccións Europeas 2014". A constitución formal deste Comité de Campaña producirase na sede do Partido Popular de Ourense nos vindeiros días. O Comité de Campaña provincial do PP de Ourense para as Eleccións Europeas 2014 está formado por: Jorge Pumar Tesouro como coordinador de campaña, que contara coa axuda do xerente de campaña, responsable plan de medios e publicidade exterior, Luis Manuel Vergara Gómez. Celso Luis Delgado Arce como Responsable campaña dirixentes, Marifé Dacoba Pérez responsable interventores e apoderados, a sua formación dependerá de César Blanco Gómez, Mónica Mourelo Pérez responsable mailing, Lorena Crespo Martín en prensa e redes sociais: Pablo Pérez Pérez responsable actos públicos, Miguel Ángel Santalices responsable actos sectoriais: María del Carmen Carballo responsable asesoría xurídica: Ana Belén Vázquez no voto por correo: Antonio Rodríguez Miranda responsable voto españois residentes no extranxeiro e extranxeiros: María del Carmen Leyte Coello e Argimiro Marnotes na mobilización electoral, Fernández Jackeline Fernández Macías responsable Novas Xeracións; Patricia Domínguez Barja responsable de novas tecnologías; Cristina Isabel Romero Fernández como responsable de programa electoral, por ultimo Rosendo Fernández Fernández será o responsable de Ourense Cidade.

4 comentarios:

mr jiminy cricket dijo...

JMBB siempre trabajando con previsión. Ello es lo que nos garantiza los resultados excepcionales de esa querida provincia. ¡Bien hecho, amigos de Ourense!

Anónimo dijo...

Pobre Pumar vaya marrón le ha caído.

Anónimo dijo...

No pp vainos cair un ha Ben merecida tunda mejora. En Pontevedra seguro que repiten Carmen Fraga y el cuñadisimo,elementos desaparecidos durante cuatro años en las moquetas de Europa. Si es así voto ciudadanos y os lo recomiendo también. Es sanisimo un tremendo REVOLCON.

Anónimo dijo...

La provincia de Ourense no existe. La taifa de Orense sí. Y es un nido de cacicorradas desde el siglo XIX.