jueves, diciembre 05, 2013

O PP PRESENTARA UNHA INICIATIVA SOBRE EMPREGO XUVENIL

Javier Dorado avanzou onte que “presentaremos unha iniciativa para ter un debate sosegado sobre o emprego xuvenil baseado nun texto crible, realista e con viabilidade”. Neste sentido, criticou os socialistas por “traer ao Parlamento un totum revolutum e unha emenda á totalidade á política do Goberno da Xunta e do Estado que nós non podemos aceptar”. Dorado criticou aos socialistas que “queren volver atrás, desfacer o camiño feito e retornar ás exitosas políticas dos gobernos socialistas que condenaron a este país a paro e máis paro”. “O PP non vai ser cómplice desa atrocidade”. Na súa intervención, o portavoz popular indicou que “os socialistas están a pedir cuestións que xa existen”, como beneficios fiscais, enquisas e informes sobre a xuventude, obradoiros de emprego, cursos e seminarios, ou encontros de desempregados con emprendedores. “Os socialistas chegan tarde, mal e arrastro, porque despois de poñerse en contra de iniciativas a prol do emprendemento discutidas neste Parlamento queren lavar a súa imaxe”. Dorado centrouse na demanda de becas formulada polos socialistas galegos e salientou que “Galicia ten requisitos máis accesibles para os estudantes e incrementou un millóns de euros a partida para as bolsas”. Ademais, criticou que “pidan unha rebaixa das taxas universitarias, cando o actual Goberno galego leva dous anos conxelándoas e situándoas como as máis baixas do Estado, fronte a incrementos do 4,8 por cento do anterior Goberno bipartito”.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Será para colocar a los parientes de concejales de la Provincia en la Diputación, al igual que los de Ribadumia en POntevedra?

Anónimo dijo...

El triunfo de un lobby?

Anónimo dijo...

Que asco de tío... Cubela prepara tu candidatura y tumbamos al calvo este...