miércoles, diciembre 18, 2013

O PP CORUÑES CERRA O ANO CON VARIOS ENCONTROS

Diego Calvo, asistiu onte a dous encontros de traballo con alcaldes de voceiros do partido un na comarca de Santiago, e outro na de Bergantiños. Durante o encontro, celebrado en Teo, Calvo animou a todos os presentes a “traballar máis preto que nunca dos veciños” porque, dixo, “é moi importante que o obxectivo de todo o que fagamos sexa mellorar a calidade de vida dos cidadáns”. Neste senso, mantivo a mensaxe transmitida onte en Porto do Son e en Fene por Carlos Negreira, que asegurou que “escoitar ben as demandas e as preocupacións dos veciños é clave para poder tomar unha decisión”, polo que, tal e como asegurou Calvo, “manteremos a nosa liña de traballo preto do cidadán para seguir sendo o partido que máis se parece á sociedade”.
O secretario xeral animou a todos os voceiros e alcaldes da comarca de Santiago a encarar o ano que vén con “ánimos renovados, coas mesmas ganas e a mesma ilusión que ata agora”, xa que o ano que vén será clave para A Coruña e tamén para Galicia. “O Partido Popular é o único que pode tirar da Coruña e de Galicia”, explicou Calvo, que engadiu que, para responder ao compromiso adquirido cos veciños, “temos que traballar coa mirada posta tanto nas eleccións europeas do 2014 como nas eleccións municipais do ano 2015”. “E farémolo coa fortaleza que sempre demostra o Partido Popular, unha fortaleza baseada na constancia, o compromiso e o esforzo de todos e cada un dos nosos militantes”, concluíu o secretario xeral provincial. Finalmente, animou a alcaldes e voceiros a seguir a formar “o partido que mellor recolle as necesidades, as dúbidas, as esperanzas e os desexos dos cidadáns”.

2 comentarios:

mr jiminy cricket dijo...

Lo de que nuestro Partido "es el que recoge mejor las necesidades, las dudas, las esperanzas y los deseos de los ciudadanos", lamentándolo mucho, y con gran dolor, tengo que decir que habría que escribirlo en pasado: ya no sólo de los ciudadanos, sino ni siquiera de la militancia. La única suerte que tenemos es que los que están al otro lado de la trinchera se encuentran fragmentados. Por otro lado, la credibilidad de Diego Calvo, persona en la que muchos teníamos grandes esperanzas, avalado como está por Carlos, se ha visto mermada con asuntos tales como la proliferación de altos cargos a dedo (¡alguno procedente del bipartito!, según se dice), con sueldazos de 60.000 €

Anónimo dijo...

Diegito,!!!quien te ha visto y quién te vé!!!....todos por el mismo palo.