viernes, diciembre 27, 2013

NN.XX. OURENSE CONTINUA REPARTENDO SORRISOS

Novas Xeracións Ourense Cidade e o PP de Ourense continúan coa campaña posta en marcha o mes pasado, titulada #axúdanosarepartirsorrisos!, que Novas Xeracións está levando a cabo en todas as cidades galegas. En Ourense xa se fixo un primeiro balance satisfactorio do desenvolvemento da campaña, na que se recolleron varios centos de alimentos non peredeiros, así como xoguetes para os máis cativos. A este balance asistiu o o presidente autonómico de NNXX, Javier Dorado, quen recalcou que "Novas Xeracións en Ourense é un equipo que sempre está axudando e sendo conscientes das dificultades que existen hoxe en día en moitas familias". Pola súa banda, o presidente local de NNXX en Ourense, José Estévez, subliña "a importancia de estar preto da xente, de desenvolver un traballo constante e ter humildade para estar con todos, sen excepción nen exclusións". A campaña #axúdanosarepartirsorrisos! Continuará en marcha ata o 4 de xaneiro. Os alimentos recollidos serán trasladados ao Banco de Alimentos, mentres que os xoguetes serán entregados a asociacións benéficas para o seu reparto. Dende Novas Xeracións Ourense lembran que a sede provincial do PP seguirá recollendo alimentos e agasallos ata esa data, en horario de mañá e tarde.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Y apoyando a los abortistas.Patético.

Anónimo dijo...

Cada vez que veo a Doradete me entran ganas de ir al cuarto de baño.