lunes, diciembre 16, 2013

CONGRESO LOCAL PP DE CHANDREXA DE QUEIXA

Casa de Cultura de Chandrexa de Queixa acolleu esta fin de semana o Congreso Local do PP nesta localidade. A única candidatura presentada foi a encabezada por Francisco Rodríguez Rodríguez, que acadou a unanimidade dos compromisarios que participaron na votación. Deste xeito, Francisco Rodríguez Rodríguez revalidou a confianza que xa tiña nos afiliados e militantes do PP en Chandrexa de Queixa. Francisco Rodríguez Rodríguez amosouse fondamente agradecido pola súa reelección, manifestando durante o seu discurso que o seu compromiso para os vindeiros anos estará baseado "no traballo intenso e incansable a prol dos veciños deste municipio", para o cal tamén avanzou que "reforzaremos os contactos coa xente para axilizar ao máximo as solucións a todas as demandas que nos plantexen, pois a nosa vocación de servicio así nolo esixe. Falar e escoitar aos veciños é a nosa máxima diaria, o contacto directo é a base da política, e máis se nos atopamos no eido local. A cercanía e o compromiso coa nosa xente é o básico, o que sempre queremos salvagardar". Manuel Baltar, foi o encargado de clausurar o Congreso Local. Durante a súa intervención, sinalou as palabras do reelixido presidente local, e recalcou que "a base da política é falar e sobre todo escoitar á xente", sobre todo en tempos tan duros e complicados, "onde debemos intensificar a nosa labor para a posta en marcha de políticas que reforcen o benestar dos cidadáns, no que é clave a cooperación e colaboración entre administracións para poder acadar ese obxectivo".

No hay comentarios: