lunes, diciembre 23, 2013

CARMEN YAÑEZ PRESIDENTA DO PP DE LOBIOS

O Centro Multiusos de Lobios acolleu esta fin de semana o Congreso Local do PP de Lobios onde a única candidatura presentada foi a encabezada por María del Carmen Yáñez Salgado, quen acadou a plena confianza dos compromisarios, que lle outorgaron o 100% dos votos emitidos A recén elixida presidenta local sinalou que son moitos os valores que unen ao PP de Lobios: "Valores como o optimismo por facer do noso pobo un lugar mellor. A coraxe para estar todos os día o pe do cañón defendendo aquelo no que creemos e polo que loitamos. O incorformismo necesario para avanzar, para cambiar o que non nos gusta. Todos estes valores acompañados de honestidade e lealdade son os que contan a hora de crear un proxecto que de verdade traballa para e por os nosos veciños". Asimesmo, María del Carmen Yáñez sinalou que no proxecto que hoxe arrinca, "hai sitio para que todos poidan arrimar o ombreiro, onde se impulsará o debate e participación, onde nos centraremos en comunicar mellor, onde cada opinión conta e onde os afiliados son os verdadeiros protagonistas da acción política". De feito, matizou que "somos a maior organización política do noso Concello e polo tanto o referente para unha gran maioria dos nosos veciños, que nos otorgaron a sua confianza, polo que o noso proxecto ten o gran reto de conservar esa confianza depositada e aumentala. Sempre é importante gañar eleccións pero non é menos importante non defraudar, máis que nunca a política necesita de xente sincera, honesta e traballadora". Por último, a presidenta local sinalou que "a nosa é unha historia de unidade sen límites, de lealdade e de resolver as posibles discrepancias con diálogo, con acordos, de dar a cara sempre explicando pq facemos as cousas, e sendo fieis os nosos principios e a nosa forma de entender a política. Tocounos recuperar a alcaldía nun período convulso economicamente e no que a imaxe do político está mal vista, ó que hai q engadirlle a dificil situación financieira da entidade que estamos gobernando. Gobernar nestas circunstancias non é nada doado, cando comezamos esta andaina pedímosvos comprensión e paciencia, especialmente esta última: paciencia para que os proxectos e as aspiracións de todos maduren e culminen". Manuel Baltar, foi o encargado de pechar o Congreso Local apelando a unidade e tesón como claves da acción política e do traballo diario no PP de Ourense.

2 comentarios:

mr jiminy cricket dijo...

Felicidades a los ourensanos, pero no sólo por la Navidad, sino por haber conseguido la recuperación de varios millones de euros de la UE, según publica hoy lunes La voz de Galicia. ¡Bien hecho!

Anónimo dijo...

La provincia de Ourense no existe!! Existe Galicia única, grande y libre de las taifas provinciales.