jueves, diciembre 12, 2013

CABALLEROSIDADE NA POLITICA MUNICIPAL

O exalcalde, e actual concejal e portavoz del PSOE en Cotobade, Manoel Loureiro, renunció esta semana o seu cargo e anunciou ol abandono da vida política municipal. Esta decisión fixo reflexionar o actual alcalde do PP, Jorge Cubela, que expresa o máximo respecto a unha decisión persoal. “Foi unha persoa que dedicou unha gran parte da súa vida a este concello, e como Alcalde e veciño doulle as grazas. Os que estamos en política coñecemos as dúas partes desta faceta, a boa a que che saca un sorriso ou te alegra por calquera logro ou agradecemento dun veciño, pero tamén a parte menos amable, os sinsabores e as horas que lle roubas á túa familia” “Agradézolle sobre todo a súa actitude cando eu cheguei á alcaldía, demostrou con creces que asumiu non unha derrota, senón un cambio de ciclo no concello, e non só non me puxo trabas senón que me facilitou as cousas. Pero o máis importante Loureiro entendeu sempre, que por riba dos intereses partidistas está o Concello de Cotobade e os seus veciños nas súas relacións co novo Alcalde”. “Para nós, e para min en particular como alcalde, é unha lástima que estes políticos se retiren da vida municipal, aínda que é de louvar que entenda que finalizou unha etapa e que lle hai que dar paso á outras persoas. Oxalá, os que continúen no seu partido aprenderan algo del”. “Os dirixentes provinciais do seu partido, cos de sempre á cabeza e os que pouco o axudaron a solucionar algúns problemas nos que lle fixeron a puñeta a Cotobade, deberían tomar como exemplo esta actitude dun home dunha gran valía como Loureiro, se non se queren converter nunha forza política residual na Provincia de Pontevedra ou na propia cidade de Pontevedra, como xa o é agora”. Jorge Cubela termina a sua reflexión indicando que ss portas do concello e as suas propias tenas abertas sempre para o que poida estimar conveniente.

No hay comentarios: