lunes, diciembre 23, 2013

! BESTEIRO RECTIFICA ¡


Feito histórico celebrouse esta fin de semana na Plaza de San Marcos de Lugo. Preto de 2.500 persoas concentráronse diante da Deputación de Lugo para esixir a Gómez Besteiro que rectifique e modifique as bases do mal chamado plan de emprego. Baixo o lema, “Pola igualdade de oportunidades de todos os desempregados lucenses ¡Besteiro rectifica!”, os concentrados manifestaron o seu rexeitamento absoluto á intención de PSOE e BNG de xerar lucenses de primeira e segunda categoría, con máis ou menos dereitos, en función do concello onde residan. A encargada de ler un manifesto en sinal de protesta foi unha moza desempregada da provincia que pediu a Gómez Besteiro que non xogue cos parados e deixe de discriminar aos cidadáns dependendo do municipio onde residan. Tamén a voceira do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia, insistiu e deixou moi claro que o seu partido é o máximo preocupado por elaborar plans de emprego, que non está en contra destas iniciativas pero o que non tolerará é a elaboración de programas de emprego como o de Gómez Besteiro, que tan só beneficia aos que lle convén.
 

1 comentario:

Anónimo dijo...

En Ourense non teñen ese problema, claro. E tamén son 4 gatos na provincia.