martes, diciembre 03, 2013

AXUDAMOS A REPARTIR SORRISOS

Novas Xeracións inicia a sua campaña "Axúdanos a repartir sorrisos" destinada a recoller alimentos para os máis desfavorecidos e xoguetes para os nenos cuxa situación económica non lles permitiría recibir agasallos este Nadal. A mobilización terá lugar nas catro provincias galegas ata o 2 de xaneiro e consistirá en recoller o maior número de alimentos e de xoguetes -novos ou de segunda man que estean en bo estado- para doalos a organizacións solidarias que traballan con máis necesitados. Esta actividade realízase a través do coordinador de campaña, Gerardo Chamorro, e conta con responsables que controlan a campaña en cada provincia e tamén con responsables nos concellos adheridos a esta campaña. O compromiso de Novas Xeracións coa xuventude e coa sociedade galega non é só político senón tamén social e, como representantes dunha boa parte da xuventude galega, os membros desta organización non poden máis que sentirse obrigados a aportar o seu grao de area para contribuir cos que traballan cos máis desfavorecidos. Dende NN.XX animase a todos os cidadáns a poñerse en contacto con eles e mercar ou doar un xoguete que lles devolva unha pequena raiola de ilusión aos máis pequenos. Os xoguetes poden depositarse nas sedes locais do PP así como nos actos que celebre cada xunta local de Novas Xeracións.

No hay comentarios: