viernes, diciembre 20, 2013

A LECCION CHILENA

Novas Xeracións de Pontevedra celebrou esta pasada fin de semana a VI Xornada da Escola de Formació nna que se analizou a realidade política de Chile no marco das eleccións presidenciais de 2013. Para isto contaron coa intervención de Rossana Pedraza Santoro, vicepresidenta do distrito 4 das Juventudes de Renovación Nacional de Chile e que ademais participou na exitosa campaña electoral do actual presidente Sebastián Piñera. Os membros de NNXX de Pontevedra querían saber como é que en Chile, sendo un país exemplar a nivel de desenvolvemento económico, social e democrático, existe tanto descontento que podía chegar a cuestionar o modelo de desenvolvemento que xustamente explica os seus logros. Paulina Pedraza foi aleccionadora: “a realidade non é algo dado de por si ou que fale por si mesma, senón o que as persoas cren que é, e iso non se decide no terreo das estadísticas ou dos datos senón no das ideas, as interpretacións e as visións do mundo. Ou, para dicilo doutra forma, no da cultura. E é xustamenteneste terreo onde a opción centrodereita foi aplastantemente derrotada, creando as condicións da derrota electoral. Trátase dun longo proceso que tivo o seu espectacular eclosión no ano 2011, con grandes movilizacións sociais que lograron instalar un discurso antisistema que cuestionou os alicerces mesmos do modelo chileno”. o presidente de NNXX de Pontevedra, Arturo Casal, agradeceu a participación de Paulina Pedraza na Escola de Formación e destacou que “debemos aprender desta lección, xa que non debemos descoidar o debate cultural, o debate das ideas. A indolencia cultural da centrodereita chilena non é en absoluto algo único”.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Vaya mierda...

Anónimo dijo...

Presidente por obra y gracia del espíritu santo porque este no gana un Congreso ni a tiros...