miércoles, diciembre 11, 2013

61 DIPUTADOS NO 2016

O PP Galego lamenta que Besteiro, non se sume ao pacto para reducir o número de deputados na Cámara galega porque non llo permiten AGE e o BNG. Así o decia Paula Prado na rolda de prensa, onde aproveitou para lamentar o pasamento do alcalde de Viveiro, Melchor Roel, e para dar o pésame aos familiares e amigos. No relativo á reforma do Parlamento, Prado, criticou que Besteiro, tras saír da reunión con Feijóo hai unhas semanas manifestando a súa vontade de procurar un acordo neste senso, días despois condicionou dito pacto a que tanto Beiras como o BNG estivesen nel, delegando neles, por tanto, o seu criterio. Con respecto a isto, Prado apuntou que cando un político concibe a política para vivila de perfil non merece ser o líder da oposición, xa que como tal, debe ter criterio sobre os problemas fundamentais de Galicia. E Besteiro demostrou carecer del. Ademais, a dirixente popular considera que, neste momento, o secretario xeral do PSdeG é refén do resto de forzas políticas que están na oposición. É dicir, é refén de Beiras e do BNG. Pero para Prado, cando a postura dos socialistas é ‘non’ pero a dos cidadáns que votaron ao PPdeG é ‘si’, os populares deben elixir de lado de quén queren estar e o que propoñen é un modelo perfectamente amparado polas regras fixadas polo noso Estatuto e co que están de acordo os cidadáns de Galicia. Segundo Prado, dita proposta xa fora presentada na pasada lexislatura pero que non se aprobou para poder sometela ao veredicto das urnas. Neste senso, a voceira do PPdeG fixo fincapé en que este modelo, de terse implementado hai dúas décadas non tería cambiado nin un só dos gobernos democráticos que tivo Galicia dende entón. Así, non tería cambiado, nin sequera, os resultados dos procesos máis axustados que houbo nos últimos tempos, que son os de 2005, cando Touriño chegou ao poder tras superar xunto ao BNG ao PP de Manuel Fraga, e o de 2009, cando Feijóo alcanzou a Xunta superando por un escano a suma de socialistas e nacionalistas. Polo tanto, Galicia irá ás urnas en 2016 para elixir unha Cámara de 61 deputados, un 20% menos dos que temos neste momento, e se a oposición quere volver aos 75 deputados, terá a oportunidade de incluír esa proposta nos seus próximos programas electorais.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Vaia cara de preocupación ten a voceira Paula Prado, mira que se lle toca deixar a ela o escano, que será da súa vida, a quen lle ira a chorar quizas lle teña que pedir traballo o seu amigo e imputado Albino Aldrey pero boeno como último recurso sempre lle queda Angel Espadas.

Anónimo dijo...

Menudos persoeiros!!!

Anónimo dijo...

Iba chorar moito aquelas noites de bohemia no araguaney.....