lunes, diciembre 16, 2013

10.000 AFILIADOS EN CEAS DO PP DE PONTEVEDRA

As Xuntas locais do PP de Pontevedra como Poio, Moaña, A Cañiza, Mos, Tomiño, Baiona, Silleda, Cangas ou Gondomar, entre outras, celebran estes días as súas tradicionais ceas de Nadal, polo que se calcula que preto de 10.000 afiliados de toda a provincia se reúnan coas agrupacións do PP.  Feijóo, asisitiu xunto a Rafael Louzán, á cea de Nadal que o PP celebra na comarca do Salnés. Xunto a eles os alcaldes e presidentes locais de todos os concellos da comarca. O PP reuniu nesta ocasión a preto de 2.000 afiliados e simpatizantes de toda a comarca. Foi este sábado 14 de decembro ás 21.00 horas no pavillón municipal de Vilanova de Arousa, e o prezo foi de 20 euros por persoa. A cea foi amenizada por unha actuación musical. O PP de Vilanova celebra a cea de Nadal desde hai máis de 10 anos, este ano, xuntáronse ademais cos outros concellos da comarca nun evento que ten máis carácter familiar e de amizade ca político, posto que ademais de coñecernos todos, as intervencións son moi curtas e acuden familias enteiras que non están afiliadas ao partido. Vilanova foi a localidade elixida para esta edición comarcal e a idea é que nos vindeiros anos se vaia rotando por outros concellos da comarca.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Otra papadela multitudinaria para abueletes votantes mientras nuestros jóvenes emigran.