martes, diciembre 17, 2013

10 NOVOS CONCRESOS LOCAIS NO PPOU

O PP de Ourense celebrou onte unha reunión da súa Xunta Directiva Provincial, na que se anunciou o comezo do traballo dos populares ourensáns de cara ás Elección Europeas de 2014. De feito, na reunión anunciouse a constitución do Comité de Campaña para estes comicios, cuxo coordinador será o vicesecretario xeral do PPOU, Jorge Pumar Tesouro. Tamén nesa Xunta Directiva se deu conta da convocatoria de 10 novos congresos locais durante os meses de xaneiro e febreiro, que serán os que se detallan a continuación: Laza (24 de xaneiro), Monterrei (30 de xaneiro), Vilamarín (31 de xaneiro), A Rúa (06 de febreiro), Paderne (07 de febreiro), Carballeda de Valdeorras (13 de febreiro), A Teixeira (20 de febreiro), Muiños (21 de febreiro), A Merca (27 de febreiro), Trasmiras (28 de febreiro),

1 comentario:

Anónimo dijo...

A provincia de Ourense coma todalas provincias non existe. Baltar...vai traballar a privada!!