lunes, noviembre 11, 2013

RUEDA LUCIU A XUNTA DE FEIJOO EN CORDOBA

Alfonso Rueda, interviú, na XX Unión Parlamentaria, onde participou na mesa sobre Boas prácticas de xestión popular nas comunidades. Ali dixo que considera que non é razoable que os que xustifican que un deputado viva en Dinamarca se neguen a un aforro de 5 millóns por lexislatura en reducir o Parlamento. Para Rueda, non é lóxico que un dos deputados de AGE se negue a deixar a súa acta de deputado pese a vivir no estranxeiro por unha cuestión de líos internos nesa coalición de nacionalistas e EU, que confirma que conciben o Parlamento como unha axenda de colocación. Rueda lamentou tamén que os socialistas galegos se neguen a que haxa menos deputados e preguntouse se, unha vez que se reduza a cifra de deputados nun 20%, como pretende o PP, se atreverán a propoñer no seu programa electoral a volta a un modelo con máis parlamentarios. Por outra banda, Rueda, puxo de manifesto que o modelo económico que aplicaron os populares en Galicia baseouse desde un principio en poñer en dúbida as partidas de gasto da Administración galega, partindo sempre dunha blindaxe dos servizos públicos. Non deixando de repasar n asua intervención nin una soa das accións feitas polo goberno de Feijóo. Concluíndo a súa intervención asegurando que o PP, como partido, son especialistas en arranxar o que outros destrozaron. Neste sentido, convidou aos populares a seguir superando como xestores os retos que a crise puxo ante eles e a seguir sendo dignos merecedores da confianza dos cidadáns.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Falta que Rueda promueva la desaparición de las diputaciones y el injustísimo reparto de escaños por provincias en el Hórreo. A Rueda le intresan políticos pocos, con poca oposición, señoritos, y predestinados como él.

Anónimo dijo...



Vota partido escaños en blanco

http://escanos.org

https://es-es.facebook.com/escanosenblanco

http://www.votoenblancocomputable.org

Anónimo dijo...

Rueda sigue siendo de lo mejor del PP y expone con claridad ideas coherentes.
La desaparición de las diputaciones debería de ser el siguiente paso despues del, ya iniciado, proceso de reducción de escaños.

Políticos como Rueda son los que queremos en el PP.