miércoles, noviembre 20, 2013

PROTESTA RENUNCIANDO A PERCIBIR DIETAS

Os alcaldes do PP de Lugo veñen de convocar para o vindeiro xoves día 21 de novembro plenos extraordinarios en todos os concellos da provincia, alí onde gobernan, nos que se instará á Deputación provincial a rectificar, por discriminatorio e excluínte o novo Plan de Emprego. Todos os plenos terán lugar o xoves 21  excepto no concello Quiroga que non se realizou a convocatoria por ser o único concello do PP que estaría dentro do plan. Os populares gobernan hoxe 43 dos 67 concellos da provincia, isto significa, que representan case 7 de cada 10 alcaldías. Todos edís populares renunciarán a percibir a dieta correspondente pola asistencia a este pleno extraordinario a través do que, desde o PP, pretenden facerse eco da crecente indignación dos seus veciños ante un plan de emprego excluínte que non garante a igualdade de oportunidades entre a poboación desempregada. Os populares lucenses reiteran o seu máis enérxico rexeitamento á decisión adoptada polo bipartito de socialistas e nacionalistas que, desde o Goberno da administración provincial, deseñaron un plan de emprego que non permite participar na selección a 9 de cada 10 desempregados lucenses. Unha vez coñecidas as bases reguladoras do plan de emprego, desde o PP están en disposición de asegurar que quedarían fóra deste plan, aínda máis concellos: En concreto, 55 dos 67 municipios da provincia. Tan só acadarían a puntuación mínima 12 municipios: un gobernado polo PP (Quiroga) e o resto (11 concellos máis) con alcaldías do PSOE e do BNG, que se repartirán entre eles un orzamento de dous millóns de euros. Este dato é especialmente curioso tendo en conta que os populares ostentan o 64% dos gobernos locais. Nas sesións plenarias convocadas “esixirase á administración provincial que modifique as actuais bases que rexen o plan de emprego e que dote á actual convocatoria de orzamento suficiente para que podan participar neste programa todos os concellos da provincia e, en consecuencia, poidan beneficiarse ao maior número de persoas desempregadas posibles”.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Vota partido escaños en blanco

http://escanos.org

https://es-es.facebook.com/escanosenblanco

http://www.votoenblancocomputable.org

Anónimo dijo...

http://www.alternativaespanola.com/

Anónimo dijo...

Vamos que remontais:

http://www.elconfidencial.com/espana/2013-11-20/que-valoracion-hace-de-estos-dos-anos-de-gobierno_56565/

Anónimo dijo...

Jajaja estos son tan mentirosos que son capaces de decir que existe un complot para derribar a la "derecha" y que las buenas encuestas son las que publican ellos.

Es evidente que mienten hasta con los sondeos.