viernes, noviembre 15, 2013

PATRICIA ULLOA NA XUNTA DIRECTIVA DO PPOU

O PPOU celebrou a sua Xunta Directiva Provincial esta semana. A convidada, foi, Patricia Ulloa Alonso, directora xeral de Producción Agropecuaria, dependente da Consellería de Medio Rural e do Mar. Durante a súa intervención, analizou diante da Xunta Directiva Provincial do PPOU as liñas da nova Política Agrícola Común (PAC). A Xunta Directiva Provincial estivo presidida por Jorge Pumar; e por Rosendo Fernández, que foi o encargado de presentar á convidada, destacando aspectos do seu currículum e experiencia na xestión. Patricia Ulloa Alonso foi nomeada directora xeral de Produción Agropecuaria polo Consello da Xunta o pasado día 21 de febreiro, en substitución de José Álvarez Robledo. Nada no municipio de Vigo en 1961, Ulloa Alonso ocupou distintos cargos no Executivo galego. Entre os anos 2003 e 2006 foi xefa do Servizo de Axudas Estruturais na Dirección Xeral de Produción Agropecuaria. Entre o 2006 e o 2009 tivo o cargo de xefa do Servizo de Axudas Gandeiras da PAC no Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA), organismo autónomo da Consellería do Medio Rural e do Mar. Dende o ano 2009 ata a actualidade ocupou o posto de subdirectora xeral de Apoio ás Explotacións Agrarias na propia Consellería. Esta viguesa, casada e con tres fillos, é enxeñeira agrónoma pola Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Agrónomos de Madrid na especialidade de fitotecnia e funcionaria do Corpo Superior de Administración Especial -grupo A- da Xunta de Galicia, na escala de Enxeñeiros Agrónomos.

No hay comentarios: