viernes, noviembre 08, 2013

O SABADO TRADICIONAL PULPADA DO PP DE POL

O PP de Pol prepárase para acoller a súa tradicional pulpada. Será este sábado, día 9 de novembro, no Teleclub de Andión. A presidenta e voceira do PP de Pol, María Ángeles Lenza, anunciou esta mañá que máis de cen persoas participarán este sábado nesta tradicional pulpada que ten como obxectivo principal “continuar cun xantar que reúne, ano tras ano, a todos os que apostamos por un proxecto político popular”. Lenza López salientou a importancia destas xuntanzas, que demostran a unión de todos nun único proxecto e afirmou que nelas atópanse cidadáns de tódalas idades, quenes aportan diversas e diferentes ideas para ter en conta nos programas e proxectos populares. Ademáis de afiliados e militantes, asistirán diversas autoridades políticas, como a Conselleira do Medio Rural e Mar, Rosa Quintana, o secretario xeral do PP de Lugo, José Manuel balseiro, a voceira do GPP na Deputación de Lugo, Elena Candia e demáis deputados nacionais, autonómicos, provinciais, alcaldes e voceiros da provincia de Lugo.

1 comentario:

Anónimo dijo...

De buen vino y buen yantar...o mesmo de sempre.