jueves, noviembre 21, 2013

O PP VAI A ACOMENTER A REDUCCIÓN DE DEPUTADOS

Nunha entrevista concedida á Cadena Cope, Alfonso Rueda, insistiu en que haberá redución de deputados e o resto de partidos son libres de propoñer que se amplíe o número nos seus programas electorais. O PSOE terá a oportunidade moi pronto de aclarar se está a favor, en contra ou de perfil no que se refire á proposta de redución do número de deputados xa que, antes de que remate este período de sesións, o PPdeG propoñerá en firme a modificación normativa. Como lembrou Rueda, o propio Feijóo plantexoulle este tema a Gómez Besteiro o outro día na xuntanza que mantiveron e agora verase cal é a opinión do secretario xeral do PSOE galego. Neste senso, reiterou que o PP vai a acometer a redución e despois os socialistas xa verán se deciden presentarse ás eleccións propoñendo no seu programa electoral aumentar o número de deputados, “a ver que opina a xente”. Segundo Rueda, con menos deputados pódese facer o mesmo traballo e lembrou que o PPdeG desde un principio apostou, xa antes das eleccións, por unha Cámara con menos parlamentarios, xa que cre que pode funcionar igual de ben ou mellor. Trátase dunha medida que supón un aforro de millóns de euros por lexislatura. Neste senso, cre que se se lle piden sacrificos aos cidadáns e que apreten os cinturóns, os políticos tamén deben buscar a forma de aforrar custes nas institucións públicas. Por tanto, como o Estatuto permite un Parlamento con menos deputados, os populares así o propuxeron. Con respecto a isto, Rueda lembrou como a oposición os acusou, antes das eleccións, de que o facían para sacar vantaxe electoral. Finalmente, presentáronse ás eleccións sen ter tocado o número de deputados e o PPdeG aumentou os seus apoios, desmontándose así a teoría da oposición. Non obstante, como se trata dunha promesa que ía incluída no programa electoral do PPdeG, así se levará a cabo.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

El Sr. Rueda procede de la Administración local. No es ético reducir el Hórreo aunque sea necesario, sin antes suprimir o reducir mucho el número de diputados y diputadas que parasitan los palacetes de las taifas provinciales de los Baltar, Fabra, Louzán... No les interesa, claro. Tampoco les interesa ajustar la representatividad entre provincias. Sin-ver-güen-zas.

Anónimo dijo...

Por fin adoptan una medida sensata, aunque sea a remolque de "Cospedalizar el Parlamento Gallego" y confio en que la cupula no siga menteniendo sus privilegios como la Secretaria General del PP, que llego a tener hasta 3 sueldos...

Anónimo dijo...

Vota partido escaños en blanco

http://escanos.org

https://es-es.facebook.com/escanosenblanco

http://www.votoenblancocomputable.org

Anónimo dijo...

Cospedal no es ejemplo de nada. Trinca o trincaba más de 240.000 combinando tres sueldos. Y luego habla de austeridad.