jueves, noviembre 28, 2013

O PP OPTA POLOS ACTOS DE PRESION A NAVANTIA

Jose Manuel Rey Varela manifestou esta semana o seu compromiso coa cidadanía e cos intereses do sector naval “sentímonos máis ferroláns que nunca” e engadiu que “chegaremos a onde faga falta en defensa dos intereses de Ferrol, dando a cara polos milleiros de persoas que depositaron a súa confianza neste alcalde e neste goberno”. Hoxe empeza un dos primeiros actos. Todos os alcaldes e cargos públicos do PP das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal participarán hoxe, xoves 28, nunha concentración de protesta ante Navantia e a SEPI en Madrid para esixir solucións para o sector naval. “Non é momento de palabras nin de peticións formais, senón de actos de presión que espero que sirvan para alterar esta situación. Non consentirei unha terceira reconversión industrial”.

No hay comentarios: