miércoles, noviembre 13, 2013

O PP APOIA UNHA PROPOSTA DE AGE

O PP apoiou onte no Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei presentada por AGE a través da que se insta á Xunta ao cumprimento do Plan Xeral de control tributario, incluíndo un plan específico e preferente de inspección dos grandes patrimonios e grupos económicos. Pedro Puy, asegurou que “non podemos estar máis de acordo en que un dos piares do incremento da recadación fiscal é a loita contra a fraude, polo que non temos inconveniente en apoiar algo que xa se está a facer desde a Xunta”. Pedro Puy explicou que a Xunta de Galicia, en colaboración coa Axencia Estatal Tributaria, vén elaborando anualmente plans de control tributario, que se poden consultar no Diario Oficial de Galicia. “Cremos nos beneficios da loita contra o fraude fiscal”, manifestou o portavoz popular, quen puxo de manifesto o incremento do importe das actas de inspección, que pasaron de 33 millóns no período 2005-2009 a cerca de 100 millóns entre os anos 2009 e 2012. “Ademais, triplicouse o importe medio por acta de inspección, que pasou de pouco máis de 10.000 euros a máis de 33.000 euros”.

1 comentario:

Anónimo dijo...


Dos concejales de El Escorial abandonan su partido independiente y se unen a Alternativa Española

http://www.elconfidencialautonomico.com/madrid/concejales-Escorial-independiente-Alternativa-Espanola_0_2162183780.html