martes, noviembre 26, 2013

NO AMOR NON TE CEGUES, USA AS GAFAS MALVA

O PP de Lugo, co obxectivo, de conmemorar o Día Internacional contra a violencia de xénero, deu a coñecer onte a campaña que inicia a partires de hoxe e que levará a cabo por toda a provincia. Baixo o lema “no amor non te cegues, usa as gafas malva”, e cun acto simbólico no que diferentes membros do partido luciron unhas lentes desta cor, a Comisión Provincial da Muller, que coordina Mari Teijeiro, presentou esta iniciativa. Na presentación estiveron presentes, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro, Jaime Castiñeira, membros de Novas Xeracións e as integrantes da Comisión Provincial da Muller; todos eles luciron unhas lentes de cor malva co obxectivo de lanzar á sociedade unha mensaxe para descubrir as desigualdades e previr a violencia de xénero e invitaron aos cidadáns a pór uns anteollos malva para mirar dunha forma diferente a realidade e incorporar a perspectiva de xénero no noso día a día. José Manuel Barreiro, foi o encargado de ler un manifesto onde afirmou que o PP de Lugo se compromete a ser axente activo na loita contra a violencia de xénero dende as xeracións máis novas da sociedade. Barreiro agradeceu a implicación da Comisión Provincial da Muller e das Novas Xeracións do PP de Lugo neste proxecto e asegurou que “se fosemos capaces de saber detectar esta enfermidade histórica e endémica da nosa sociedade, estaríamos dando ese primeiro paso preciso para facer un xaque á violencia de xénero, aprender a detectala”.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Muy progres y muy chachiguais. Pero de perseguir la corrupción nada de nada. Seguid así

Anónimo dijo...

Coño! El pata palo tiene la poca vergüenza de dar la cara después del vergonzoso Congreso quen el que cambió de fecha para que le diera la edad -cumplía los 40 el máximo para estar en Nuevas- y seguir dando por culo en la dirección... Payaso...