lunes, noviembre 11, 2013

MESA DE TRABALLO DA COMISION DE IGUALDADE DO PPOU

A sede do PP de Ourense acolleu esta fin de semana unha mesa de traballo organizada pola Comisión de Igualdade do PPOU, liderada por María Antonia Rilo. A este encontro, dirixo a concelleiros populares da comarca de Ourense, acudiu como invitada a coordinadora de Igualdade do PPdeG e secretaria xeral desta materia na Xunta de Galicia, Susana López Abella. Asimesmo, presidiu a mesa de traballo Manuel Baltar, quen agradeceu expresamente a María Antonia Rilo a organización de iniciativas como a de hoxe. Lembrou, ademáis, que unha das máximas irrenunciables do PPOU é a aposta pola igualdade real e efectiva entre homes e mulleres. María Antonia Rilo, organizadora da mesa de traballo, avanzou que este acto estaría centrado no tema da trata de mulleres con fins de explotación sexual e da violencia de xénero, dado que o 25 deste mes é o día internacional para a eliminación desta terrible lacra social. Susana López Abella lembrou durante a súa intervención que o pasado 18 de outubro levouse ao Consello da Xunta como informe un estudo exploratorio do tráfico de persoas en Galicia, que foi o resultado do proxecto europeo Itíneris. Asemade, Susana López Abella sinalou que o pasado 21 de marzo presentou ela mesma no Parlamento Galego o Informe Anual 2012 de violencia de xénero, no que aparece o número de mulleres atendidas polo programa de atención a mulleres inmigrantes en situación de prostitución e/ou trata con fins de explotación sexual que levan a cabo distintas entidades sen ánimo de lucro. Durante a mesa de traballo tamén se informou acerca de datos sobre a maior lacra social do noso país: a violencia de xénero. Segundo o Consello Xeral do Poder Xudicial, en Galicia presentáronse durante o primeiro semestre deste ano 2.552 denuncias (no mesmo período do ano anterior foran presentadas 2.352). Todos os participantes na mesa de traballo coincidiron en sinalar que a formación é un instrumento imprescindible para que a igualdade sexa real e efectiva entre homes e mulleres, que precisa de vontade política para poder poñer en marcha políticas de igualdade, a tódolos niveis, co fin de que chegue á sociedade no seu conxunto. Neste senso, Susana López Abella avanzou que xa son 141 os municipios galegos adheridos dende hai un ano á Rede de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero e que, durante o vindeiro ano, se reforzarán os recursos de atención ás vítimas, as axudas periódicas medrarán, seguirase apostando pola formación dos profesionais, activaranse programas para sensibilizará á mocidade e prestarase especial atención ás mulleres en situación de vulnerabilidade.

No hay comentarios: