viernes, noviembre 15, 2013

ENGANO MASIVO DA DEPUTACIÓN DE LUGO

O PP de Lugo vén de constatar o crecente malestar e a indignación dos alcaldes e portavoces municipais da provincia tras coñecerse as condicións discriminatorias e excluíntes nas que foi deseñado o Plan de Emprego da Deputación. E un atropelo inaceptable que nove de cada dez parados lucenses non poidan nin tan sequera optar a participar na selección deste plan de emprego, segundo as bases elaboradas por socialistas e nacionalistas, e lembran que 43 dos 67 concellos da provincia quedan automaticamente excluídos do plan, aplicando os criterios establecidos polo bipartito. Con eses argumentos na man, os representantes municipais do PP de Lugo, mantiveron unha xuntanza convocada desde a dirección provincial e presidida por Xose Manuel Barreiro, nela tamén estivo presente Jose Manuel Balseiro e a portavoz provincial popular, Elena Candia. Nesa cita alcaldes e portavoces municipais manifestaron o seu apoio ás iniciativas que impulse o Grupo Provincial Popular destinadas a corrixir este Plan de emprego e facer rectificar á o Goberno provincial de socialistas e nacionalistas cunha actitude que discrimina aos parados en función do seu concello de residencia. Os populares acusan á Deputación de Lugo de perpetrar un engano masivo aos parados lucenses tras presentar un Plan que xerou falsas expectativas entre os desempregados e que directamente exclúe a 23.384, o 90,15% do total dos parados lucenses. O PP de Lugo estuda distintas medidas, sen descartar ningunha estratexia de presión, para acadar a rectificación da Deputación de Lugo e a igualdade de oportunidades de todos os desempregados lucenses, tal e como, por exemplo, queda garantizado cos programas de cooperación da Xunta que benefician a todos os concellos da provincia, sen exclusión.

No hay comentarios: