martes, noviembre 19, 2013

DAPIA AFONSO PRESIDENTE DO PP DE A BOLA

José Antonio Dapía Afonso, foi elegido presidnete local do PP de A Bola, no seu discurso no Congreso Local, deu as grazas polo apoio ao seu proxecto político, sinalando que "seguirei traballando, con honestidade e integridade, a prol dos intereses dos veciños e dende o Partido Popular ao que represento". Neste senso, advertiu que o seu obxectivo primordial é o de "velar polo benestar de tódolos veciños por igual, motivo polo que aposto por unha política de proximidade, de pobo e pobo e acercándonos a todos e cada un dos habitantes de A Bola". Entre os proxectos inmediatos, Dapía Afonso matizou a importancia na mellora dos servizos e infraestruturas do municipio. "É necesario mellorar os camiños e pistas que levan 12 anos esquecidos pola actual gobernante, así como acondicionar os locais sociais, eliminar os vertedoiros ilegais nun espazo Reserva da Biosfera, acometer melloras no alcantarillado, abastecemento e potabilización en tódolos núcleos, canalizar nos regadíos e, en definitiva, traballar polo ben de todos sen desfallecer co orgullo de seguir defendendo e traballando nun partido tan grande como é o PP". Pola súa banda, Manuel Baltar, sinalou no seu discurso de clausura do Congreso, que a cita de A Bola englóbase no proceso de renovación de tódalas xuntas locais do PP na provincia, un dos seus compromisos no presente mandato. Ademáis de agradecer a Dapía Afonso o seu intenso e infatigable traballo a prol dos veciños, Manuel Baltar incidiu na importancia da colaboración entre administracións para "redundar no benestar efectivo dos veciños e veciñas, acadando melloras nos servizos e a optimización dos recursos dos que dispoñemos. De feito, as épocas de crise deben ser tomadas como unha oportunidade para exercer a política con maiúsculas, onde as ideas e estar ao carón da xente, falando e sobre todo escoitando, é o primordial para sacar adiante políticas que manteñan e reforcen os servizos esenciais do día a día".

2 comentarios:

Anónimo dijo...

A provincia de Ourense non existe. Só existe Galicia. Existe a pequena taifa dos baltares, como existe en Pontevedra a do Salnés. Non é ético falar de reducir deputados no Hórreo, sen antes suprimir os deputados destes palacetes diputacionais.

Anónimo dijo...

http://www.alternativaespanola.com/