miércoles, noviembre 06, 2013

CURIOSA INICIATIVA DO PP DE PONTEVEDRA

Curiosa iniciativa do PP de Pontevedra, que colga en Youtube un vídeo gravado o luns que amosa as dificultades que se atopan os condutores polo peche da ponte da Barca. A gravación do vídeo realizouse xusto antes de que o concelleiro César Mosquera avalara unha vez máis a decisión do alcalde Lores de pechar a ponte da Barca ao tráfico de saída, sostendo que a medida estaba a obter uns resultados razoablemente positivos. Quince minutos foi o que tardaron onte en percorrer a distancia que separa a rúa do Xeneral Martitegui e a estrada que vai do Nó de Bombeiros ata a subida á Caeira os concelleiros do PP Jacobo Moreira e César Abal, segundo demostra un vídeo que hoxe colgou o grupo municipal en Youtube. A gravación foi realizada entre as 8:55 e as 9:10 da mañá e os dous edís atopáronse con fortes retencións de tráfico no principio do seu periplo, nas rúas do Xeneral Martitegui e da Barca, e unha circulación máis fluída a partir da súa chegada á ponte das Correntes, aínda que tamén comprobaron o notable atasco que sufrían nese momento os condutores que ocupaban a rúa de Domingo Fontán. A distancia total percorrida foi aproximadamente dun quilómetro e medio, o que implica que a súa velocidade media acadou os seis quilómetros por hora. Os concelleiros constataron despois, como xa recolleu hoxe algún medio de comunicación, que ao longo do día sucedéronse as retencións na ponte das Correntes, que agora asume moito máis tráfico do que parece recomendable.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Esta es la situación de Pontevedra:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2013/11/06/detenido-hombre-tras-precipitarse-mujer-segundo-piso-pontevedra/00031383735445044399696.htm?utm_source=facebook&utm_medium=fbgen&utm_campaign=fbgen

Anónimo dijo...

Era esto lo que querías decir ¿no?

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2013/11/03/desnorte-pp-local/0003_201311P3C16991.htm

Anónimo dijo...

Esto significa algo: http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/289442.html?lang=gl

O da Voz de Galicia está no paro e ten que escribir o que lle manden

Anónimo dijo...

Venga César! Pírate!