lunes, noviembre 04, 2013

CONTINUIDADE NO PP DE BAÑOS DE MOLGAS

O único candidato o Congreso Local do PP de Baños de Molgas, Eladio Mangana Nóvoa, foi reelixido presidente local dos populares, renovando así a confianza dos militantes e afiliados do PP nesta localidade. Eladio Mangana, tralo escrutinio de votos onde se constatou a unanimidade dos compromisarios participantes no proceso, agradeceu o gran apoio e confianza depositados na súa persoa: "Sempre poderedes contar comigo para o que necesitedes. Como sabedes, defenderei sempre o meu pobo e seguirei traballando para que o PP siga manténdose como a forza política máis votada nas eleccións". Tamén fixo referencia o reelixido presidente local a que "coa axuda do meu equipo seguiremos desenvolvendo as actuacións necesarias para que Baños de molgas medre e sexa cada día un lugar mellor para vivir. E superaremos entre todos este tempo de crise que tanto dano está facendo, pese as decisións duras que nos afectan a todos". Matizou Mangana Nóvoa que "despois da situación económica na que nos atopamos, nós estamos facendo un gran esforzo cada día e seguiremos loitando polo beneficio dos nosos veciños. E para conseguilo, quero aproveitar a presencia do presidente provincial para darlle as gracias pola confianza depositada na miña persoa. Manuel, como sabes, terás a miña fidelidade sempre". Manuel Baltar, foi o encargado de pechar o Congreso trala intervención de Antonio Rodríguez Miranda.

No hay comentarios: