jueves, noviembre 21, 2013

CONGRESO LOCAL DO PP DE PIÑOR

O martes celebrouse o Congreso Local do PP de Piñor. A única candidatura que se presentou foi a encabezada por José Luis González Rodríguez, que optaba á reelección como presidente local e que acadou o 100% de apoio dos compromisarios que depositaron os seus votos. Durante a súa intervención, José Luis González lembrou o intenso traballo que conlevou a reestructuración do PP en Piñor "para volver a rexurdir o PP de Piñor e crear ilusión entre os máis novos, e confianza entre os máis lonxevos. Os resultados deste traballo foron reflexándose nos apoios acadados ó longo das diversas convocatorias de eleccións". O reelixido presidente local manifestou tamén que "quero presidir e formar parte dun partido "grande", entendido como a máxima expresión da palabra; dun partido unido, dun partido para todos, no que a mocidade aporte novas ideas e os máis veteranos a experiencia de moitos anos traballando por o noso pobo, Piñor". Despois tomou a palabra vicesecretario do PPdeG, Agustín Hernández, agradecendo o intenso traballo levado a cabo no PP de Ourense, e que se ve refrendado en todas e cada unha das citas electorais. Neste senso, e xa no discurso de clausura do Congreso Local do PP de Piñor, Manuel Baltar, destacou que a máxima do PPOU "é o compromiso irrenunciable coa provincia de Ourense, o motor que nos impulsa a seguir traballando como ata o de agora: falando e, sobre todo, escoitando á xente. Só estando ao seu carón, podemos articular políticas coa implicación de todas as administracións para afianzar o benestar das mulleres e homes de Ourense".

1 comentario:

Anónimo dijo...

Vota partido escaños en blanco

http://escanos.org

https://es-es.facebook.com/escanosenblanco

http://www.votoenblancocomputable.org