lunes, noviembre 25, 2013

CONGRESO DO PP DE ESGOS

Celebrouse o Congreso Local do PP de Esgos. A única candidatura presentada, que optou tamén á reelección, foi a encabezada por Mario Rodríguez González, que acadou o respaldo unánime do 100% dos compromisarios que participaron na votación. Mario Rodríguez sinalou na súa intervención os motivos que o levaron a dedicarse á política: "En primeiro lugar, porque entendía que era o medio máis directo de facer "algo" para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas do Concello de Esgos. O segundo motivo é puramente vocacional: non vou negar que me apaixona a vida política". Tamén explicou o novo presidente local que para iniciarase no exercicio da política "busquei o piar máis sólido no que apoiarme, cunhas bases ancladas na sociedade e coa flexibilidade necesaria para adaptarse aos cambios. Ese piar firme atopeino no PP de Ourense, ao que estou orgulloso de pertencer". "Cando dende o PPOU me deron a oportunidade, e logo os meus compañeiros me elexiron presidente local, entendín que chegara o momento de liderar un proxecto local ilusionante, e que ese liderazgo o sustentaria no servizo áos meus veciños e veciñas, porque entendo que liderar é servir. E para servir coa máxima adicación, eficacia e austeridade, tomei como modelo de xestión a proximidade: esto implica falar cos veciños, percibir os seus cambios, escoitar as súas demandas, mediar, mellorar a convivencia e coñecer perfectamente o territorio pisándoo todos os días: En definitiva: vivir coa nosa xente día a día". Tralo discurso do presidente local electo, tomou a palabra Pedro Puy Fraga, quen puxo en valor o incansable traballo levado a cabo polo Partido Popular de Ourense, algo que se ve refrendado en tódolos procesos electorais. Pola súa banda, Manuel Baltar, foi o encargado de pechar o Congreso Local de Esgos, localidade na que é concelleiro electo da Corporación Municipal e coa que mantén un vínculo afectivo destacado. "Por iso, cando escoito falar de cercanía e proximidade ao presidente local e alcalde de Esgos, sei que é unha verdade absoluta, tendo en conto o apoio abrumador que ten dos veciños e veciñas deste fermoso lugar. Non hai nada máis gratificante en política que arranxar os problemas dos teus veciños e veciñas, traballando a prol das melloras que redunden no benestar de todos".

No hay comentarios: