lunes, octubre 14, 2013

SIN HAI XUIZO MARCHO PARA A CASA

Polo seu interés, reproducimos unha entrevista a Rogelio Martinez, feita por Xose Manoel Rodriguez na Voz de Galicia. A base da entrevista e a denuncia a Rogelio Martínez, por presunta malversación na xestión de fondos europeos. Na entrevista Rogelio Martinez non oculta a sua forma de pensar, nin esconde os seus argumentos, algo moi loable nun momento coma este.
 -¿Cre que haberá xuízo polo presunto fraude dos fondos da UE na súa etapa de alcalde da Arnoia?
 -Todo isto é moi vello. Os feitos remóntanse ao ano 2000 ou 2001 e a denuncia é do 2006, e xa foi arquivada en dúas ocasións por distintos xuíces. O que pasa é que BNG e PSOE tentan buscar todos os recursos posibles para que a cousa siga viva para apartarme da política: non o conseguiron cando era alcalde da Arnoia e agora queren ver se teñen máis sorte. 
 -A denuncia foi por presuntos delitos de fraude en subvención, falsidade, malversación, estafa e outras irregularidades en fondos do Leader II. 
-Orixinalmente si, mais xa non falamos diso. Todas esas acusacións fóronse desmontando coa documentación e os informes de Agader presentados ao longo do proceso. Agora o que se está a cuestionar é unha presunta falsificación dunha certificación de obra, e non hai nada máis. No seu día devolvéronse 51.000 euros porque unha revisión detectou incumprimentos en dous proxectos, un de artesáns e outro de biomasa, e reclamámoslles esas cantidades aos que as cobraron. Agora o que se está mirando é se están feitas determinadas unidades de obra ou non. 
 -¿Daquela estamos a falar de que pode haber irregularidades? 
-Pero non pola miña parte. Como presidente do Ceivam eu ordenaba os pagos, pero facíao en base á certificación do enxeñeiro, dos extractos bancarios que daban conta dos pagos polo traballo e das facturas correspondentes ás obras. Se hai irregularidades, estamos falando duns 37.000 euros, os que cobraron o diñeiro terán que devolvelo. 
 -¿Falou con Feijoo esta semana? -Non. Isto está falado dende hai moito tempo e ninguén me ten que dicir nada. Non serei nunca un argumento para desprestixiar a Núñez Feijoo. Se hai xuízo marcho para a casa nada máis confirmarse que o hai. 
-¿Síntese respaldado polo presidente provincial do PP? 
-Ao día seguinte de coñecer o auto estiven con Baltar nunha cita do Inorde. Dinlle unha copia do auto e de todo o presentado neste tempo. Síntome totalmente respaldado polo partido.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Opino que deberías irte para casa ya con los baltares, Pardellas, Vila, etc, etc,etc,etc. El PP es hoy la misma m. que el PSOE y el BNG

Anónimo dijo...


http://www.votoenblanco.com
https://es-es.facebook.com/escanosenblanco
http://escanos.org

Vota en blanco, los ciudadanos estamos hartos de pagar vuestros desmanes.

Anónimo dijo...

Sin xuicio...sin xuicio debería marchar xa; sí.

Anónimo dijo...

deberia marchar el y su protector, que para quien no se lo crea,se llama.
Jose Manuel Balar Blanco