miércoles, octubre 16, 2013

OITO NOVOS CONGRESOS LOCAIS NO PPOU

A reunión da Xunta Directiva do PPOU, un dous puntos máis salientables que se abordou foi a aprobación do calendario de oito novos congresos locais durante os meses de novembro e decembro. Así, quedou fixado que en A Bola será o 15 de novembro; en Piñor, o día 19; o día 21 será no Irixo; ao día seguinte, o 22 de novembro, terá lugar en Esgos e, finalmente, o día 29 se elixirá responsable local do PP en Vilardevós. Xa no mes de decembro, o congreso local de Leiro terá lugar o día 5. O de Chandrexa de Queixa celebrarase o día 13 e en Lobios será o vindeiro 20 de decembro. Manuel Baltar, salientou ante os membros da Xunta Directiva que a fase de renovación das 92 xuntas locais do partido está desenrolándose con total normalidade e seguindo o cronograma fixado nas súas propostas de goberno tralo Congreso Provincial do pasado mes de marzo. Nesta xunta tamén participou o secretario provincial, Rosendo Fernández e asistiu como convidado o vicesecretario xeral do PPdeG, Agustín Hernández.

1 comentario:

Anónimo dijo...


http://www.votoenblanco.com

https://es-es.facebook.com/escanosenblanco

http://escanos.org

Vota por el partido escaños en blanco, los ciudadanos estamos hartos de pagar vuestros desmanes.