martes, octubre 01, 2013

O PP DE PONTEVEDRA FIXANDO AXENDA

A primeira xuntanza que se celebra a nivel interno do PP de Potevedra tralo acto central en Soutomaior que marcou o inicio do curso político e ao que asistiu Rajoy, foi a Xunta Directiva Provincial do PP de Pontevedra celebrada esta fin de semana. Os protagonistas Louzan e Alfonso Rueda. Participaron tamén os conselleiros da e membros da xunta directiva provincial, Elena Muñoz e Agustín Hernández, para abordaren as políticas que se levan a cabo desde os departamentos que eles dirixen no tocante a temas de interese neste momento como son o réxime impositivo das rendas dos emigrantes retornados ou o novo canon de Sogama. Outros temas dos que tamén se falou na reunión foi o estado da reforma da administración local ou a importancia das redes sociais na comunicación política. Máis alá destas cuestión puntuais da orde do día, os populares pontevedreses analizaron a situación na que se atopan como partido pero, sobre todo, en que situación se atopa a provincia. Nos próximos días reunirase o comité executivo provincial na que se irá fixando unha axenda de actos como congresos e reunións.

1 comentario:

Anónimo dijo...

los soprano de la política