lunes, octubre 07, 2013

LUZ DOPORTO PRESIDENTA DO PP DE ALLARIZ

Luz Doporto Real, actual portavoz do Grupo Municipal do PP en Allariz é a nova presidenta local dos populares neste municipio, logo do Congreso Local do partido que se desenrolou esta fin de semana e no que acadou o 100% dos votos dos compromisarios participantes. A esta cita congresual asistiu o vicesecretario xeral do PPdeG, Agustín Hernández, así como o coordinador de Acción Exterior do Partido Popular de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, quen, á súa vez, foi o antecesor de Luz Doporto tanto na presidencia da Xunta Local do PP como na portavocía do Grupo Municipal en Allariz. Precisamente, a recién elexida presidenta local tivo palabras de agradecemento para él, especialmente polo seu "legado humano" dentro dos populares alaricanos. Tralas palabras de agradecemento a compañeiros e familiares, Luz Doporto fixo mención no seu discurso aos obxectivos marcados para esta nova etapa no PP de Allariz. Estes pasan, segundo explicou, por reforzar a comunicación cos veciños; comezar a traballar de inmediato nas seguintes citas electorais -sinalou que as Eleccións Europeas de 2014 serán un "barómetro" para os populares-; intensificar o traballo do Grupo Municipal, cunha maior presencia tanto en Allariz coma nos núcleos rurais; crear os mecanismos necesarios para crear emprego e fomentar a implantación de empresas no Polígono de Chorente e, en definitiva, seguir traballando sempre a prol de Allariz e dos intereses dos alaricanos "con responsabilidade e compromiso como viñemos facendo ata o de agora", dixo a nova presidenta local do PPOU. Por último, foi o presidente provincial, Manuel Baltar, o encargado de clausurar coa súa intervención o Congreso Local de Allariz. Fíxoo agradecendo o enorme esforzo que levan a cabo día a día os integrantes da Xunta Local e do Grupo Municipal do PP, "sobre todo nunha época onde a política debe reafirmarse para dar as respostas e as solucións que os nosos veciños están demandando, con honestidade e sinceridade, demostrando que a gran familia do Partido Popular sempre está ao carón da xente, amosando que somos a forza política que máis se parece aos ourensáns". Neste senso, o presidente provincial felicitou á nova responsable local do partido en Allariz polos seus obxectivos fixados e animou á súa executiva a traballar nese camiño.

No hay comentarios: