lunes, octubre 28, 2013

CONGRESO LOCAL DO PP DE NOGUERIA DE RAMUIN

Centro Multidisciplinar do Concello de Nogueira de Ramuín acolleu esta fin de semana o Congreso Local do PP neste municipio. Todos os compromisarios que participaron na votación diron o seu apoio ao único candidato a Presidente: José César Parente Pérez, sucedendo neste cargo a Julio Temes. O novo Presidnete abundou na importancia de conxugar xuventude con veteranía dentro das filas locais do PP en Nogueira de Ramuín, advertindo que "un equipo componse de xente nova e doutra con máis experiencia, pero todos son necesarios, porque, repito, a súa forza está na unidade e nas achegas que todos fan. Xuventude e experiencia son dous elementos que, penso, é necesario combinar no noso partido en Nogueira, e por iso creo que chegou o momento de crear o colectivo de Novas Xeracións no noso municipio". Manuel Baltar, foi o encargado de pechar o Congreso Local trala intervención do Coordinador de Acción Exterior do PPdeG, Antonio Rodríguez Miranda, quen felicitou ao novo responsable local dos populares. Manuel Baltar amosou a súa máxima defensa para a reivindicación de que a Ribeira Sacra sexa declara Patrimonio da Humanidade, petición liderada dende a Deputación Provincial, exemplificando este feito en que "a colaboración, o apoio e a coordinación son fundamentais para que os proxectos avancen e poidan acadar o éxito"

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Un de Parada para Nogueira
noooooooooooooooooonnnnnnnnn

Anónimo dijo...

Un erro, coma uns cuantos que se levan , debe ser que de Nogueira de Ranuín non hai nadie cualificado pra ser alcalde

Grazas Presidente por confiar en nós..grazas, nótase o cariño por nós