jueves, octubre 24, 2013

CONGRESO DO PP DE XUNQUEIRA DE ESPADANEDO

Celebrouse o Congreso Local do PP de Xunqueira de Espadanedo, e Carlos Gómez Blanco, candidato único, contou coa unanimidade dos compromisarios que depositaron os seus votos. Durante o seu discurso, o novo presidente local quixo dar a súa felicitación a Manuel Baltar, pola súa iniciativa de "convocar os Congresos Locais do Partido. Esta é a maneira de formar un partido máis forte dende a convivencia diaria cos veciños e veciñas dos pobos, que sempre nos apoiaron en todas as ocasións que o solicitamos. Polo que temos a obriga de formar un bo equipo de militantes do Partido Popular e estar preto desta xente que sempre depositou en nos a súa confianza". Dirixíndose aos militantes e simpatizantes do PPOU presentes no salón de actos, Carlos Gómez sinalou que "queremos demostrar que, nestes momentos tan difíciles nos que nos atopamos, estamos ao voso lado para resolver os problemas e inquietudes que poidades ter. Explicarvos a razón de por que se toman certas medidas, que aínda que non son nada gratas son imprescindibles para o ben do concello de que todos formamos parte. E este é o momento de responder a esa confianza depositada en nós". Nas súas propostas ao frente da Xunta Local do PP de Xunqueira de Espadanedo, dixo que "temos que formar un grupo forte que a través do diálogo e do debate interno busquemos sempre a mellor opción para o concello e por conseguinte para todos os veciños e, de esta maneira, contribuír a concienciar a xente que o Partido Popular é a única opción política que nos pode ofrecer a estabilidade necesaria para saír adiante dende a sensatez e, como repite frecuentemente o noso presidente do goberno, Mariano Rajoy, con sentido común". Manuel Baltar, no seu discurso de peche do Congreso Local, agradeceu aos membros do PP de Xunqueira de Espadanedo "pola súa enorme implicación e intenso traballo, sempre ao carón dos veciños e veciñas, sempre preocupados e ocupados en defender os seus intereses e atender aos seus problemas", polo que os animou a seguir por esta senda identificativa do Partido Popular de Ourense. Tamén falou Manuel Baltar da importancia dos mecanismos de cooperación entre administracións, o que redundará no beneficio dos cidadáns, "algo que, nuns tempos de dificultade económica como os actuais é sinaladamente necesario para optimizar recursos e sermos máis eficientes".

3 comentarios:

Anónimo dijo...

As provincias non existen máis ca na mente do ciquismo.

Anónimo dijo...

caciquismo, quixen decir.

Anónimo dijo...

Parécesme un pobre que non queres dicir nada, xa que nada sabes dicir.