jueves, octubre 03, 2013

COMUNICADO CONXUNTO DOS PRESIDENTES DE GALICIA

En Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2013
Reunidos, Xerardo Fernández Albor, Fernando González Laxe, Emilio Pérez Touriño e Alberto Núñez Feijóo, facemos públicas as seguintes conclusións do encontro que mantivemos no día de hoxe:
1. Transmitimos a nosa decisión de repetir os Encontros de Presidentes como o que nos reuniu no día de hoxe con carácter periódico.
2. Apostamos por recuperar o espírito dos que, no inicio da Autonomía, souberon poñer a un lado os intereses particulares para centrar a súa acción política na articulación de amplos pactos e consensos nos principais asuntos de interese xeral.
3. Comprometémonos a facer propostas construtivas nacidas do diálogo e do consenso porque son máis útiles para a sociedade, especialmente en asuntos de carácter estrutural para Galicia.
4. Amosamos a nosa convicción de que traballar desde o esforzo compartido é a fórmula máis útil para mellorar a competitividade do conxunto de Galicia e para afrontar os retos que a nosa Comunidade ten por diante.
5. Dentro do marco da Acción Exterior da Xunta de Galicia, acordamos participar de xeito máis activo na representación da Comunidade Autónoma en determinadas viaxes ou actos institucionais, tanto de carácter económico como cultural.
6. Decidimos traballar para facer propostas concretas en asuntos estratéxicos para Galicia, como os que se sinalan a continuación ou outros do mesmo impacto transversal:
  • Recoñecemos a necesidade de afondar no estudo do actual modelo de organización territorial e administrativa, co dobre obxectivo de mellorar a calidade dos servizos prestados aos cidadáns e garantir a súa sustentabilidade.
  •  Tamén decidimos afondar no estudo de fórmulas para un mellor aproveitamento económico do rural galego, con especial atención ao potencial do noso sector forestal co obxectivo de que sirva como panca para o desenvolvemento e revitalización de moitas zonas, sobre todo no interior de Galicia.

                                                Xerardo Fernández Albor
                                                Fernando González Laxe
                                                Emilio Pérez Touriño
                                                Alberto Núñez Feijóo

2 comentarios:

mr jiminy cricket dijo...

Ignoro de qué podrán aconsejar al Presidente Feijóo el efímero Lacse ni ese Torito que fue rehén del Bloke

Anónimo dijo...

Feijoo no tiene ideas.