viernes, octubre 11, 2013

CELBROUSE O CONGRESO LOCAL DO PP DE CASTRELO DO VAL

A única candidatura presentada por Manuel Pérez Araújo, acadou o 100% de apoio dos compromisarios que emitiron os seus votos no congreso local do PP de Castrelo do Val. No seu discurso, Pérez Araújo sinalou que o seu novo equipo está formado por "xente colaboradora, entregada e adicada a mellorar a situación actual dos pobos do municipio". De feito, sinalou como obxectivo irrenunciable "poder axudar a todas e todos os veciños, e cando digo todos, refírome aos 1.240 habitantes que ten o noso concello actualmente. Poremos todo o noso esforzo en solucionar os problemas que dependen das administracións públicas, falicitando toda a información que precisen os cidadáns". Ademáis, recalcou que as prioridades fundamentais estarán centradas nas persoas maiores, na xuventude, na xente desempregada e na infancia. "Non vou esquecer aos nosos nenos: eles son o futuro, polo que intentaremos facer todo o posible para que poidan aproveitar os seus dereitos e aportar máis servizos ao noso Concello. Unha das cousas que me compracen desta poboación de Castrelo e o aumento da natalidade e o aumento do asentamento que esta haber nestes últimos anos,cousa rara no rural de Galicia pero real neste caso,sexa pola calidade de vida o pola boa situación xeográfica do pobo estamos nunha tendencia alcista que debemos aproveitar".

1 comentario:

BETADINE dijo...

BO RAPAZ, O AMARELO E BÓ CANDIDATO, SORTE..A VER SI AUNA VONTADES POLÍTICAS E A SÚA CANDIDATURA AS ELECCIÓNS MUNICIPAIS,,,PODEN SER MELLORES DO QUE ERAN XAA..
HALA UNHA APERTA VOU DORMIR ESTOU CANSO.