viernes, octubre 11, 2013

A NOVIDADE E QUE NON HAI NOVIDADE

Nun auto coñecido esta semana o xulgado número un de Ribadavia achaca a Rogelio Martínez supostos delitos de malversación de fondos públicos e falsidade documental en relación co cobro de máis de 51.000 euros durante a súa etapa como alcalde de Arnoia correspondentes a subvencións de obras financiadas pola Unión Europea. No mesmo auto o xuíz dá un prazo ás partes para que apelen esta decisión e presenten os seus escritos de acusación. As presuntas irregularidades na xestión de fondos europeos por parte de Rogelio Martínez remóntanse a hai máis dunha década e sen relación coas súas funcións como delegado da Xunta. En calquera caso, Feijóo, destacou que Rogelio Martínez deixará o cargo se finalmente hai xuízo oral, algo que, na súa opinión, aínda non se produciu. "O auto di que continúa o procedemento, non hai novidade. O proceso foi arquivado e agora di que se reabre para que as partes propoñan. Pero de momento non hai nin procesamiento nin xuízo oral. A maior novidade é que non hai novidade". Feijóo quixo deixar claro que Rogelio Martínez xa dixera e reiterou que deixará o cargo se se abre xuízo oral contra el, o que supón unha actuación clara e transparente. En cambio, lamentou, "hai moitos cargos en Galicia que con xuízos orais non deixan os seus cargos". Manuel Baltar, foi o encargado de clausurar o Congreso Local de Castrelo do Val. Tras felicitar ao novo responsable da Xunta Local, felicitouno tamén pola súa intensa labor ao frente da oposición municipal e pola súa implicación co PPOU. Asimesmo, agradeceulle a súa vontade de servizo cara os veciños.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Urge hacer limpieza en el PP caiga quien caiga

Anónimo dijo...

Como en el caso Bárcenas y su trama. Nadie podría probar que no es inocente. vaya cinismo.
Como en el caso Baltar.
Como las realaciones con narcos.Nadie podría probar que Feijoo no wainocente. vaya cinismo.
no hay novedad porque hubo prescripción o lo que sea.

En el caso Roa ya hay novedad.

BETADINE dijo...

DEBEN IR A CARCERE OS DOUS
UN POR LADRÓN E OUTRO POR COLABORADOR E AMPARADOR DE DELINCUENTES...ENCIMA A CARGO DE TÓDOLOS GALEGOS..
OU DEIXA O CARGO...OU DEIXAN OS CARGOS..
E TOCA DUNHA PUTA VEZ O PP DE OURENSE ABRIRLLE EXPEDIENTE DE EXPULSIÓN ...
COMA A JOSE LUIS BALTAR PUMAR.
XA TOCA, VAMOS CONTRA A FAMILIA..E NON A POR ROGELIO..ISTO NON E ASÍ..ESO SENTIMOLO NON E XUSTOO, POLO O NOSO ANTIGUO PRESIDENTE...QUE LLE FIXEMOS A VIDA IMPOSIBLE...

O ACTUAMOS OU FEIJOO PENSARA, COMA PENSA HOXE QUE OURENSE E A SUA SUCURSAL..E FAI O QUE QUERE O DE OS PEARES..QUE IL DE NÓS..SOAMENTE SOMOS XENTE DE POBO, NON VÁLIDA PARA TRABALLAR, E IGNORANTES, PERO SEÑOR FEIJOÓ, PARVOS NONNNNNNN SOMOS.AÍNDA QUE NOS SUBESTIME, OS DA BOINA, SEMPRE SEREMOS OS DA BOINA, E SI ESO SIGNIFICA VIVIR E TRABALLAR A CARON DOS NOSOS VECIÑOS, PODEMOS FACELO POLO PP..OU DE MANERA INDEPENDIENTE, ESTA CLAROOOOOO.
REACCIONAMOS DE UN VEZ E PUNTO

E QUE ISTE CASO SUPERAME,,,SI TODO O CONTRAPODER DE FEIJOO EN OURENSE E O ROGELIO, MANDA CARALLO NA HABANA..
HALA UNHA APERTA

BALTAR SERÁ PRESIDENTE MENTRAS IL QUEIRA...PERO AS VECES HAI QUE DAR PARA RECIBIR..

Anónimo dijo...

Pues como hagais limpieza tendreis que apagar la luz y cerrar el chiringo.

Bar-Cenas

Anónimo dijo...

VOTAREMOS ESCAÑOS EN BLANCO