jueves, septiembre 26, 2013

UN PEQUEÑO EXEMPLO DE POLITICA A PE DE RUA

Gracias as xestións do PP de Riotorto logrouse que dez productores de faba de Riotorto, poidan vender este ano a súa colleita no mercado local de Lourenzá. En palabras de Clemente Iglesias, presidente do PP de Riotorto “Hoxe expedíuselle o carné de fabeiros aos dez productores que presentaron o escrito; o que dá lugar a que a partires de agora poidan acudir ao mercado laurentino sin ningunha restricción”. Tendo en conta que ao longo dos últimos dous anos (2011-2012), os productores de Riotorto non poideron vender as fabas en Lourenzá porque non estaban incluídos na área de influencia da IXP Faba de Lourenzá, malia a ter as mesmas características que as laurentinas, os populares consideraron que tiñan que comercializarse neste mercado, polo que o seu grupo comezou a facer xestións para que esto fose unha realidade. As xestións entre o PP de Riotorto coa rexedora laurentina e coa presidenta en funcións do Consello Regulador da IXP da faba de Lourenzá, foron as que lograron que os productores riotortenses desta legume poidan vender agora os seus productos no vindeiro mercado laurentino. Por iso dende o PP de Riotorto agradeceron a axuda realizada por Maria Carmen Seijo Otero, presidenta en funcións do consello da IXP faba de Lourenza e da alcaldesa de Lourenza, Emma Álvarez, por aceptar a solicitude do PP e poñer así en valor a faba dos productores do seu concello.

No hay comentarios: