lunes, septiembre 23, 2013

TRABALLAR POR E PARA OS CIDADANS

Feijóo, foi o encargado de dar peche á convención do PP de Ourense nos Milagros, transmitindo a mensaxe principal do partido : "Imos traballar por e para os cidadáns", en consecuencia á confianza depositada no PP. "Non podemos defraudar, demos ser dignos desa confianza e estar á altura das circunstancias". "Respetaremos as ilusións e as esperanzas da xente, pero sen mentiras: contando a verdade de cómo imos reverter o difícil momento económico no que nos atopamos". Por eso, pediu a todos os cargos populares que sigan por esta senda, dando como clave a cooperación e facer máis con menos, unha mensaxe de responsabilidade que Feijoo suscribe plenamente. Non hai que aproveitar a zozobra do país para facer desunión, senón todo o contrario: "Na unión, serenidade e colaboración están os pilares deste curso político", recalcou Feijoo. "Imos seguir traballando, e nos momentos de dificultade se ve a grandeza dos pobos e das organizacións políticas". Tamén lembrou as vítimas do accidente ferroviario e dixo que os galegos non só amosaron a súa grandeza ante esta inmensa desgracia. "Estamos obsesionados con combatir os problemas da xente, principalmente o paro, que é o que máis preocupa á xente. Combatimos as dificultades axidando, no momento peor, a quen peor o está pasando. Temos que combatir as dificultades gastando menos en nós mesmos, a nós nos toca pagar o quedeixaron a deber outros, a pesares de que Galicia é a segunda comunidade autónoma na que menos medrou a débeda pública nos últimos cinco anos", dixo o presidente dos populares galegos. Abogou tamén polas ideas, para incentivar a recuperación económica, polo que animou a mimar e potenciar a todo aquel que aposte polas ideas que revortan na mellora do benestar dos galegos. E non esqueceu a necesidade de combatir aos que atentan contra o noso patrimonio natural, cunha encendida defensa dos montes e da persecución implacable dos incendiarios.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Milagros imos necesitar moitos de eiquí en diante.

Anónimo dijo...

Non me gusta que mezclen política e relixión. Seguen sendo uns tramposos.