jueves, septiembre 19, 2013

TERCEIRA XUNTANZA NOS MILAGROS

Como xa é tradición dentro do PP de Ourense, a Convención de Cargos Públicos de Os Milagros, no municipio de Baños de Molgas, suporá o acto de inauguración oficial do curso político para os populares ourensáns. Este ano acádase a terceira edición desta significativa cita, á que están chamados tódolos cargos públicos do PPOU. Será o sábado 21 de setembro nas antigas instalacións escolares anexas ao Santuario de Os Milagros. A 3ª Convención de Cargos Públicos do PPOU comezará coa recepción de asistentes. Posteriormente, o alcalde anfitrión do Concello de Baños de Molgas, Eladio Mangana, dará a benvida aos asistentes e a continuación tomará a palabra José Luis Ferro Iglesias, alcalde do Concello de Celanova e recientemente elexido responsable local do PP neste municipio, para falar sobre "A cercanía ao cidadán: eixo de toda política". O seguinte relatorio correrá a cargo de Gabriel Alén Castro, alcalde do Concello de Cenlle, que versará sobre "A xestión dos concellos e a cooperación coas administracións". De seguido intervirá a voceira do PP en Allariz, Luz Doporto Real, quen falará sobre o tema "Unha oposición constructiva". "A Deputación: fusión de servizos" será sobre o que verse a intervención de Plácido Álvarez Dobaño, alcalde do Concello de Muíños e voceiro do Grupo Provincial na Deputación de Ourense. O último dos relatorios será o de Cristina Isabel Romero Fernández, deputada autonómica e voceira do PPOU, que falará sobre "Os retos de Ourense no goberno autonómico". A clausura da convención iniciarase en torno ás 12.25 horas, coa intervención de Manuel Baltar, e o peche do acto correrá a cargo de Feijóo.

No hay comentarios: