viernes, septiembre 27, 2013

NOVO PRESIDENTE NO PP DE TRIVES

Isauro Pérez González, portavoz do grupo municipal do PP en Trives, foi elixido novo presidente local desta localidade co 100% dos sufraxios emitidos polos compromisarios. Substitúe no cargo a Luis Álvarez, que foi alcalde de Trives durante 23 anos e presidente local máis de dúas décadas. Isauro Peres tivo unhas agarimosas palabras de afecto e pediu un aplauso para o seu antecesor ao inicio do seu discurso. Tamén tivo palabras de agradecemento para a toda a militancia e para os membros da súa executiva "por acompañarme nesta tarfe que esperamos siga dando bos resultados ao PP nas vindeiras citas electorais", fixándose como reto máis importante as Eleccións Municipais de 2015, lembrando que nas de 2011 o PP quedou a tan só 14 votos da victoria. "Pero no noso programa non só está ganar eleccións, senón estar coa xente, escoitar os seus problemas e intentar darlle solucións", afirmou Isauro Pérez. "Sabemos que son tempos difíciles, unha grave crise económica e social e tamén de desgaste político, pois o noso partido ten que tomar decisións difíciles para sacar adiante o noso pais, e hai que explicarllo ao noso electorado. Confiamos no noso partido e nos nosos dirixentes". Por último, o recén elixido presidente local fixo un chamamento á cooperación entre administracións. Manuel Baltar, foi o encargado de clausurar o Congreso Local de Trives, facendo especial fincapé na importancia das xuntas locais para o PPOU, "o motor da forza política que máis se parece e na que máis confían os veciños e veciñas desta provincia". Asemade, lembrou que no Concello de Trives o PP forma o grupo maioritario, pero na oposición, loubando a encomiable labor dos populares fronte a un goberno en minoría. Animou Manuel Baltar á nova executiva local a que "sigan traballando, falando cos veciños e, sobre todo, escoitando todo o que lles preocupa e lles afecta, porque o noso cometido principal é poñer solución aos seus problemas con honestidade, sinceridade e capacidade infatigable de traballo".

1 comentario:

Anónimo dijo...

Na foto Parece que estan no trullo...